| Código |
Descrición |
| B1 |
Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables. |
| B2 |
Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde. |
| B3 |
Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría |
| B4 |
Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural |
| B5 |
Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas |
| C1 |
Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos. |
| D1 |
Capacidade de análise e síntese |
| D2 |
Capacidade de organización y planificación |
| D3 |
Capacidade de xestión da información |
| D4 |
Resolución de problemas e toma de decisions |
| D7 |
Razoamento crítico |
| D9 |
Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. Creatividade. |
| D11 |
Sensibilidade cara a temas ambientais |