Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Socioloxía de xénero nas organizacións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O alumnado recibirá indicacións nas clases e na plataforma MOOVI sobre a materia obxecto de estudo. Estas sesións deberán ser entendidas como foros nos que manifestar as dúbidas sobre os conceptos e teorías que se exporán en cada tema e é necesario realizar unha lectura previa dos textos adscritos a cada un deles para poder debater e realizar unha posterior avaliación.
Instrucción programada Sesións dedicadas exclusivamente a tratar cuestións de índole metodolóxico e procedimental á hora de traballar o proxecto de investigación.
Resolución de problemas Exercicios que se traballarán en clase e na plataforma MOOVI pero que esixirán unha preparación previa para fundamentar as solucións a cada problemática de análise
Estudo de casos Coñecemento de situacións directas ou indirectas paradigmáticas dos temas a tratar na materia
Debate Intercambio de ideas razoadas en torno á análise das desigualdades por razón de sexo nas nosas sociedades.
Estudo previo Investigación documental necesaria para abordar os exercicios e casos que se exporán en aula
Traballo tutelado Conxunto de tarefas preparatorias para a execución da proposta de investigación de xénero e que formará parte do deseño do proxecto.
Foros de discusión Espazo de conversación presencial e online no que poder manifestar converxencias e diverxencias de opinións e valoracións sobre os contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000