Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Estratexias de cooperación ao desenvolvemento sostible
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Estratexias de cooperación ao desenvolvemento sostible Código P07G095V01410
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Mahou Lago, Xosé María
Correo-e xmahou@uvigo.es
Profesorado
Mahou Lago, Xosé María
Web
Descrición xeral A cooperación ao desenvolvemento tense convertido nos últimos anos nun asunto relevante dentro das axendas tanto dos gobernos como das empresas privadas. Ademais, a aprobación da Axenda 2030 da ONU en 2015, que debe ser implementada polos Estados, dálle un forte pulo á cooperación como un elemento cardinal para acadar un planeta sostible dende o punto vista social, económico e medioambiental.

Máis alo da axuda económica, a política de cooperación debe ser formulada dende unha óptica holística onde teña cabida a colaboración cos principais actores, fundamentalmente aqueles que viven e operan nos países beneficiarios, e teña en conta a variedade de ámbitos de intervención.

Nesta materia intentaremos:
-Comprender os fundamentos teórico-conceptuais da cooperación ao desenvolvemento.
-Coñecer os ámbitos de traballo da cooperación.
-Identificar os principais actores públicos e privados.
-Achegarse ás políticas e plans de cooperación das distintas administracións territoriais do Estado
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000