Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Administración tributaria electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial de respostas curtas realizadas polo alumnado de
avaliación continua, que consta de dúas partes: unha práctica (na que
se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica (na que se
formularán distintas preguntas sobre o temario da materia)
40 A2
A3
A4
B1
B5
C5
C8
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba parcial que consta de dúas partes: unha práctica (na que se
resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica (na que se
formularán distintas preguntas sobre o temario da materia)
40 A2
A3
A4
B1
B5
C5
C8
D2
Observación sistemática O profesorado, a través das diferentes actividades que propoña ao
alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos,
exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, ApS, tarefa
colaborativa na aula, etc.), valorará a participación activa e calidade
das intervencións deste tanto nas clases maxistrais como, sobre todo,
nas clases prácticas. A participación activa e de calidade do alumnado
que se somete a avaliación continua representará o 20% da súa
cualificación final. Tamén se terá en conta a participación dos
estudantes nas actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro
e Tributario.
20 A2
A3
A4
B1
B5
C5
C8
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.

Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes

que conforman cada lección.

Primeira oportunidade de exame:


1.- Segundo se establece no Regulamento de Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe

do estudantado (aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a

súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua conforme ao procedemento e na data establecidos polos

órganos competentes do Centro.

2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado conforme aos seguintes criterios: 1º)

Primeira proba parcial, que se realizará a metade do cuadrimestre (40%), 2º) Segunda proba parcial, que se realizará ao

final do cuadrimestre (40%), 3º (Asistencia regular, participación activa na clase e actividades organizadas pola Área de

Dereito Financeiro e Tributario (20%). Aos efectos de poder realizar esta última avaliación controlarase a asistencia a clase.

As dúas probas parciales escritas son obrigatorias, constarán dunha parte práctica e outra teórica, realizadas ambas en

período lectivo. A parte práctica de cada unha das dúas probas suporá un 20%, mentres que a parte teórica de cada unha

das dúas probas suporá un 80% da calificación. Cada unha destas dúas probas parciais é liberatoria sempre que o/a

alumno/a acade unha cualificación mínima de 5 sobre 10, de maneira que tendo superadas ambas probas non estará

obrigado/a a realizar o exame ou proba final, como requisito para superar a materia.

3.- Os/as alumnos/as de avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame

teórico e o 40% da cualificación obtida no exame práctico, sendo ambos diferentes aos que realicen os alumnos/as de

avaliación continua, no que se avaliarán todas as competencias.

4.- A proba final de avaliación realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola

Xunta de Facultade para o curso académico 2023/2024.

A nota do exame final será a suma das notas obtidas segundo os criterios e porcentaxes anteriormente establecidos.

- Alumnado que siga o sistema de avaliación continua: o/a alumno/a terá que realizar, de forma obrigatoria, un exame

final correspondente á materia que non teña superada nunha ou en ambas probas de avaliación continua realizadas ao

longo do cuadrimestre. O exame final terá dúas partes: unha teórica (que representará o 80% da cualificación) e unha

proba práctica (que representará o 20% da cualificación) Para superar a materia é necesario que o alumnado obteña, como

mínimo, unha cualificación de 4 sobre 10 nese exame.

Asimesmo, a este exame final poderá concurrir o alumnado que teña superadas as dúas probas de avaliación continua

realizadas durante o cuadrimestre no caso de que desexe subir nota.

- Alumnado con avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame teórico

e o 40% da cualificación obtida no exame práctico, sendo ambos diferentes ao que realicen os/as alumnos/as de avaliación

continua.

Segunda oportunidade de exame:


1.- No exame de xuño/xullo, o alumnado que se acolleu ao sistema de avaliación continua só realizará unha proba final, que

representará o 80% da súa cualificación final, e que constará de duas partes: unha práctica (na que se resolverán un ou

varios casos prácticos e que suporá o 20% da calificación correspondente á proba final) e unha teórica (na que se

formularán distintas preguntas sobre o temario da materia, e que suporá o 80% da calificación correspondente á proba

final). En todo caso, o/a alumno/a deberá acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle

teñan en conta as cualificacións obtidas por asistencia regular participación activa na clase e actividades organizadas pola

Área de Dereito Financeiro e Tributario (20%). De non acadar esta nota mínima, a cualificación que se reflexará na acta será

a obtida no exame final.

2.- O alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua conservará, exclusivamente para a segunda

oportunidade de exame, a nota que obtivo por asistencia regular e participación activa.

3.- Para os alumnos/as de avaliación global, a súa cualificación final estará integrada polo 60% da calificación obtida no

exame teórico e o 40% da calificación obtida no exame práctico escrito, sendo ambos diferentes ao que realice o alumnado

de avaliación continua.

4.- A proba final de avaliación, tanto para o alumnado de avaliación continua como de avaliación global, realizarase na data,

hora e lugar especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico

2023/2024.

ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA OS/AS ALUMNOS/AS QUE CONCURRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

No exame de Fin de Carreira a nota final estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da

cualificación obtida no exame práctico.

O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola

Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000