Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Réxime xurídico da contratación do sector público
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Examen clásico en varios formatos posibles: desarrollo de preguntas, test, 'falsos prácticos' (respostas teóricas sobre un suposto práctico) 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades de evaluación continua 40
Exame de preguntas obxectivas EXAME PRÁCTICA: resolución de supostos prácticos sobre a materia; a chave é a motivación e argumentación do alumnado ao enfrontarse a un caso hipoteticamente real ao que ten que dar unha solución ARGUMENTADA 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación continua está constituida pola lección maxistral, a resolución de problemas e/ou exercicios e o estudo de casos. Dependendo do curso e da evolución da lexislación, doutrina e xurisprudencia, ben a resolución de exercicios ben o estudo de casos terán maior ou menor valor relativo. Pero a súa das dúas variables será do 30%.

A nota acadada na avaliación continua terá un peso do 40% na
cualificación global. 


A cualificación obtida no exame final terá un peso
específico do 60% na nota global. 

 Para poder presentarse ao exame final e respectar a nota de avaliación
continua será imprescindible que: (1) o estudante teña realizado todas
as probas de avaliación continua; e (2) acadar a superación das probas
nas que consta a avaliación continua. Se non se cumpren ambos os
requisitos, o alumno deberá realizar a proba final na modalidade que se
indica ao final deste apartado.
 
 Para que a nota da avaliación continua se sume á do exame final, será
necesario que o alumno acade a superación deste último.

 O alumnado que non supere a avaliación continua poderá presentarse ao
exame final pero deberá superar unha parte específica na que se
avaliarán as competencias traballadas na avaliación continua que non
superaron.      
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000