Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Dirección pública nos gobernos locais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Dirección pública nos gobernos locais Código P07G095V01308
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Martinez Arribas, Fernando
Correo-e fernando.martinez@uvigo.gal
Profesorado
Martinez Arribas, Fernando
Web
Descrición xeral A complexidade institucional é un dos elementos máis relevantes dos gobernos e as administracións públicas de todo o mundo. No caso dos gobernos locais esta complexidade increméntase polo tanto polo proceso de globalización que se desenvolve dende vai décadas, como pola necesidade que ten a cidadanía de apoio as súas vidas cotiás en forma de mellores políticas e servizos públicos.
Para conseguir gobernar os concellos e as deputacións españolas e galegas faise preciso pois desenvolver unha serie de competencias sobre dirección pública local que desborda as clásicas capacidades xurídicas e económicas formais (normas) para pasar a desenvolver modelos de competencias directivas centradas nos problemas públicos e nos e nas cidadás ás que hai que axudar a través dunha acción pública profesional, sostible, transparente, efectiva e ética. O marco da Axenda 2030 e aas ODS, en especial o 11, 16 e 17 servirán de guía para este desenvolvemento competencial.
Este é o reto da materia "dirección pública nos gobernos locais" que consiste en crear un marco específico de dirección pública profesional para un nivel de goberno e administración cada vez máis necesario para a cidadanía e máis necesitado de formación e entrenamento directivo.
Ao finalizar a materia, o estudantado estará capacitado para:
1. Identificar, contextualizadamente, os elementos conceptuais, políticos,
institucionais e administrativos dos gobernos locais.
2. Describir os contidos referidos relativos aos gobernos locais.
3. Identificar e resolver problemas reais e ficticios respecto dos distintos gobernos e administracións locais (europeos, españois e galegos).
4. Aplicar casos comparados das funcións directivas propias dos niveis territoriais locais
5. Liderar con empatía os equipos de traballo propios dos gobernos e administracións locais dende as escalas directivas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000