Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Contabilidade financeira
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas
pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso,
elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de
posibilidades
40 A1
B6
C8
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas
e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor.
40 B2
B3
B6
C8
D3
D6
Exame oral Preguntas cortas a realizar na clase 20 A1
B2
B5
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación nas convocatorias ORDINARIA e EXTRAORDINARIA consta de dúas alternativas:

1. AVALIACIÓN CONTINUA: Son probas de avaliación continua que requiren a presenza do alumno na aula. Todos os alumnos serán considerados en AVALIACIÓN CONTINUA salvo que soliciten a AVALIACIÓN GLOBAL entre o 11 de setembro e o 11 de outubro.

2. AVALIACIÓN GLOBAL: resolución dunha proba escrita presencial, ao final do cuadrimestre, sobre o coñecemento de todos os contidos da materia, habilidades prácticas e adaptación a novas situacións.

No caso de non realizar a AVALIACIÓN GLOBAL, a nota que constará na acta será a suma das probas de avaliación continua realizadas.

As datas e horarios das probas de avaliación das distintas convocatorias son os especificados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2022-2023, presente na páxina web.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000