Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Contabilidade financeira
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Utilizarase o modelo de «lección maxistral» sobre todo nas clases teóricas, dado que este modelo
ofrécelle a posibilidade ao profesorado de incidir no máis importante de cada tema, dominar o
tempo de exposición e presentar unha determinada forma de traballar e estudar a materia.
Competencias que debe adquirir o estudantado: coñecer como se desenvolve un proceso contable.
Instrucción programada Consiste na presentación dunha materia dividida en varias unidades didácticas, de menor tamaño,
con cuestións ao finalizar cada unidade didáctica co fin de afianzar o coñecemento adquirido. Estas
actividades pódense realizar de xeito presencial ou virtual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000