Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Economía do sector público
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Institucións, mercados e estado. O papel da intervención pública. a) Introdución á Economía Pública
b) Problemas de eficiencia e equidade no funcionamento dos mercados
c) O porqué da intervención pública: "fallos de mercado" e "fallos do Estado".

Revisamos os fundamentos da intervención pública nun sistema de economía de mercado cando este falla, para mellorar a eficiencia, a equidade na distribución da renda, e a estabilidade económica.
Tema 2. Organización e dimensión do Sector Público en España. a) Introdución ao sector público español
b) Delimitación do sector público, e marco xurídico
c) O peso do sector público na economía

Está dedicado a revisar a estrutura do sector público español e a súa dimensión
Tema 3. Análise do gasto público a) Evolución do gasto público e teorías explicativas
b) Efectos do gasto público sobre a eficiencia e a distribución
c) Principais programas de gasto

Estudamos os programas máis importantes do gasto público nos orzamentos xerais do estado (LPGE): os sanitarios, a educación, a seguridade social etc.
Tema 4. Análise dos ingresos públicos a) Tendencias internacionais
b) Os ingresos do sector público español
c) Principais figuras tributarias e impositivas
d) A facenda Pública federal

Revisamos a contía e composición dos ingresos públicos: as tendencias internacionais, as figuras tributarias e a facenda pública federal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000