Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Xestión de recursos humanos: Relacións de postos de traballo e ofertas de emprego público multinivel
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Nesta metodoloxía se asocia como evidencia do traballo do alumnado a súa boa disposición a participar nos debates que de xeito espontaneo ou planificado xurdan en clase 10 A1
A2
A3
A4
A5
C7
C15
D2
Resolución de problemas de forma autónoma Neste item o alumnado amosara a súa capacidade de resolución sobre os problemas de xestión de recursos humanos propostos 15 A3
A4
B1
B2
B4
C6
C7
C15
C16
D6
Estudo de casos Valorarase a execución da práctica sobre o caso proposto, con elementos tales como a boa redacción, a capacidade explicativa, a innovación, a profundización de coñecementos e o cuidado na presentación 20 A3
A5
B2
B3
B5
C7
C15
C16
D5
D6
Foros de discusión Participación nos foros de discusión, realizándose unha avaliación global das participacións do estudantado 15 A3
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas obxectivas tipo test multiresposta 40 A1
C5
C6
C7
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os sistemas deavaliación estarán divididos en dous grandes grupos ou modalidades:metodoloxías de avaliación continua e metodoloxías de avaliaciónglobal.

O estudantado terádereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado dentro de cada materia, por defecto entenderase que se acolle ao sistema de avaliación continua, sen prexuízo da obriga depoñer probas de avaliación global, como alternativa e sempre dentro da mesmaoportunidade de avaliación, a disposición do estudantado que renuncie áavaliación continua.

A nota final do curso (para primeira e segunda oportunidade) será a suma da nota obtida nas probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 60% sobre o total), e da nota obtida nunha última proba que coincidirá coa data da AG en primeira oportunidade (cunha ponderación do 40% do total).

Os exames realizaránse nas datas oficiais de exame para cada oportunidade de avaliación establecida nocalendario académico.

En ambos casos oalumnado, tanto en continua como en avaliación global, o alumnado ten dereito a acadar o 100 da puntuación

O exame configúrase como unha actividade final da avaliación continua.

Como se pode ver na metodoloxía da lección maxistral, valorase a asistencia a clase e a participación activa desde o espíritu crítico e o debate sosegado e cortés cos compañeiros/as.

Tamén, como experiencia de innovación docente, no apartado de resolución de problemas ou estudos de casos, poderá desenvolverse unha actividade de innovación docente seguindo a metodoloxía de "cliente misterioso" que no caso da Administración pública podemos traducir en "persoa usuaria misteriosa".

Será
requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da
mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado que deberán
subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de
setembro*. 

*A única finalidade do
tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a
identidade do alumnado matriculado na mesma.

A base de lexitimación
para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo
6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes
públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei
39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións
públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se
aproba o Estatuto do Estudante Universitario.

O acceso á imaxe e aos
datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a
realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán
utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o
correspondente deber de  confidencialidade dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000