Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Xestión de persoas: Organización e funcións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...).
Estas probas realizaranse na plataforma Moovi nos prazos establecidos no cronograma da materia
35 A2
A3
B1
B4
B6
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Trátase dunha proba a metade de cuadrimestre curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia. A data comunicarase a través de Moovi e realizarase no horario de clase. 30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B6
C7
D1
D2
D4
D5
D6
Autoavaliación Avaliarase a realización das distintas actividades de autoavaliación programadas na plataforma Moovi. Non se admite a entrega por outro medio. 5 A2
A3
B1
B4
B6
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Trátase dunha proba ao final do cuadrimestre curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia. 30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B5
B6
C7
D1
D2
D4
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ELECCIÓN MODALIDADE AVALIACIÓN

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua, ou alternativamente optar por avaliación global. A avaliación por defecto é a avaliación continua. O alumnado poderá elixir a avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecidos polo centro. A elección de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de avaliación continua que resten e á calificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.


AVALIACIÓN CONTINUA

É o sistema de avaliación que se aplica ao alumnado en caso de non renunciar expresamente á avaliación continua. Realizaranse ao longo do curso as seguintes probas:

  • Exame de preguntas obxectivas (35%). Realizaranse dúas probas tipo test na plataforma Moovi segundo os prazos establecidos no cronograma da materia.
  • Exame de preguntas de desenvolvemento 1 (30%). Realizarase un exame teórico-práctico a metade de cuadrimestre na plataforma Moovi. Farase no horario de clases. A data comunicarase a través de Moovi.
  • Autoavaliación (5%): Son distintas actividades de autoavaliación programadas na plataforma Moovi para cada un dos temas da materia.
  • Exame de preguntas de desenvolvemento 2 (30%): Realizarase un exame teórico-práctico o mesmo día que a data oficial de avaliación global da primeira oportunidade. Farase na plataforma Moovi.
2ª oportunidade

A forma de avaliación na segunda convocatoria é a mesma que na primeira, non puidendo cambiar de modalidade de avaliación. Neste caso, o alumnado terá a oportunidade de recuperar aquelas probas que non superase na primeira convocatoria (cualificación inferior a 5) así como aquelas que non realizase. Para o resto das probas conservarase a nota obtida na primeira convocatoria. 

  • As actividades de autoavaliación realizaranse na plataforma Moovi, con data límite o mesmo día que a data oficial de avaliación global da segunda oportunidade.
  • O resto de probas realizaranse o mesmo día que a data oficial de avaliación global da segunda oportunidade.
Cálculo da nota final

A nota final que constará en actas calcularase tendo en conta o seguinte:

  • No caso de que a suma das cualificacións dos exames de preguntas de desenvolvemento 1 e 2 sexa inferior a 4 sobre 10, a cualificación final será o resultado da suma destes dous exames.
  • No caso de que a suma das cualificacións dos exames de preguntas de desenvolvemento 1 e 2 sexa igual ou superior a 4 sobre 10, a cualificación final será o resultado de suma as cualificacións obtidas nos exames de preguntas de desenvolvemento 1 e 2, a autoavaliación e o exame de preguntas obxectivas.

AVALIACIÓN GLOBAL

En caso de renuncia expresa á avaliación continua o alumnado será avaliado mediante dúas probas (exame de preguntas obxectivas e exame de preguntas de desenvolvemento) que serán o 100% da cualificación da materia. Estas probas escritas realizaranse na plataforma Moovi. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 3 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. As datas e horas das probas de avaliación global (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade http://webfdxp.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Cálculo da nota final

A nota final que constará en actas calcularase tendo en conta o seguinte:

  • En caso a cualificación do exame de preguntas de desenvolvemento se inferior a 4 sobre 10, a cualificación final será o resultado deste exame.
  • No caso de que a cualificación do exame de preguntas de desenvolvemento sexa igual ou superior a 4 sobre 10, a cualificación final será o resultado de suma das cualificacións obtidas no exame de preguntas de desenvolvemento e no exame de preguntas obxectivas.

NON PRESENTADO.

Os estudantes que non participen na avaliación continua nin na avaliación global, figurarán nas actas como "non presentados".


SEGUINTES CURSOS.

Se a materia non é superada no curso 2023-24, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.


RECOMENDACIÓNS

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000