Educational guide 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Ciencia política: Gobernos autonómicos
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver.
Foros de discusión Actividades desenvolvidas nunha contorna virtual na que se debaten temas diversos e de actualidade relacionados co ámbito académico e/ou profesional.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Saídas de estudo Actividades de aplicación, contraste e observación dos coñecementos nun contexto determinado nun espazo externo.
Traballo tutelado O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc. Esta actividade terá carácter voluntario.
Probas Descrición
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada.
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor.
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000