Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral PROBAS TIPO TEST sobre os contidos das clases teóricas da lección maxistral, para avaliar as competencias adquiridas do alumnado que inclúe 20 preguntas pechadas con catro opcións de resposta: a)b)c)d), das cal unha única resposta é a correcta ou incorrecta. Deberase obter polo menos unha puntuación favorable do 40% do total desta proba para superar a disciplina. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C2
C3
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas Resolución de casos prácticos (PRÁCTICAS). O alumnado terá á súa disposición a asistencia da docente para facilitar o desenvolvemento desta actividade.

Análise, reflexión e exposición de cuestións que teñan que ver coas principais problemáticas suscitadas nas clases teóricas realizadas a través da lección maxistral. O alumnado terá á súa disposición a asistencia en clase da docente para facilitar o desempeño desta actividade. Algunhas destas prácticas poderanse realizar a través do sistema de "elaboración de traballos a través do sistema de Aprendizaxe Basada en Proxectos" (ABP) encomendados polo profesorado sobre temas relacionados coa materia e orientados a mellorar a comprensión dos contidos e competencias relacionadas coa cooperación, liderado, comunicación e fortalecemento das relacións persoais.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C2
C3
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
Estudo de casos (ESTUDO DE CASOS). Estudo, análise, reflexión e exposición de casos e traballo tutelado sobre as cuestións tratadas na materia. O profesorado asistirá ao alumnado naquelas cuestións e dúbidas formuladas (en clase e a través de titoría personalizada) para a súa elaboración.

A realización e avaliación desta proba pódese realizar a través da metodoloxía de ApS, de acordo cos liñamentos aprobados pola Área de Responsabilidade Social e cooperación e a través de proxecto de innovación docente da Facultade (toda a información sobre esta forma de supera-los estudios de casos estará dispoñible con claridade para o alumnado).

A elección entre realiza-los estudios de casos a través de traballos, ou realizalos polas metodoloxías de (ApS e Proxecto de Innovación) será voluntaria por parte do alumnado, os que serán debidamente informados desde o inicio da docencia da disciplina sobre ámbalas modalidades, a súa realización e avaliación. A docente tamén publicará esta información detallada no espazo reservado para a disciplina en Moovi.

ApS é unha APRENDIZAXE EXPERIENCIAL (conectando con varios grupos a través dunha ou varias entidades públicas), preparando os estudantes para a cidadanía global e a responsabilidade social nun mundo interconectado, "glocal", especialmente en TEMAS ALIÑADOS COS ODS DA AXENDA 2030: protección do patrimonio cultural ; igualdade e non-discriminación; protección do ambiente; seguridade alimentaria (prácticas agrícolas sustenbles e resilientes e diversidade xenética); a economía circular; desperdicio mundial de alimentos; problemas enerxéticos e renovables; as novas tecnoloxías e a afección ós dereitos fundamentais. O PROXECTO DE INNOVACIÓN DOCENTE tamén estará aliñado a estas temáticas da disciplina.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C2
C3
C12
C15
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A información sobre as actividades avaliativas está
dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta Avaliación
de cada tema.

É condición indispensable para a realización da avaliación
final da materia, a obtención do polo menos 0,5% en cada un dos puntos (Probas
tipo test, Prácticas e Estudios de casos).

Como se expresou en apartados anteriores, ao longo do curso
realizaranse 3 probas cunha ponderación ou valor das Probas = Probas Tipo Test
(40%) + Prácticas (Resolución de Problemas) (30%) + Estudio de casos (30%). Na convocatoria ordinaria e na
convocatoria extraordinaria, abrirase un decreto para que o alumnado se poida
someter a estas probas a través de avaliación continua, logo da data oficial
pola Facultade establecida para o "exame final". Desta maneira existe
a posibilidade de realizar a avaliación (continua e/ou avaliación global) na
convocatoria ordinaria e na convocatoria extraordinaria.

Na convocatoria
extraordinaria (xuño/xullo) aplicaranse os mesmos criterios sinalados para a
convocatoria ordinaria ou primeira convocatoria, excepto no relativo ás
metodoloxías ABP, ApS e Proxecto de innovación da Facultade, as cal se deberán realizar
na 1ª convocatoria ou convocatoria ordinaria (de setembro a decembro). O
alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda
convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e
cuxo contido será colgado da plataforma.

Esta materia é
English Friendly, o cal supón o seguinte compromiso: A materia impártese en
castelán pero a docente traduciu a guía docente ao inglés; Facilitaranse
materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés,
atenderanse as titorías en inglés, si así o demandase o estudante
internacional, e deseñaranse e implementaranse probas e avaliacións en inglés
(todo isto realizarase si así o demandase o estudante internacional).

Será requisito necesario
para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer
dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán subir á plataforma a
comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.

(*) A única finalidade do
tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a
identidade do alumnado matriculado na mesma.
 A base de lexitimación
para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo
6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes
públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei
39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das
administracións públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de decembro,
polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. 
O acceso á imaxe e aos
datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a
realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán
utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o
correspondente deber de confidencialidade dos mesmos.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000