Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humanos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición do contido temático dos distintos epígrafes referenciados nos contidos da materia. O profesor empregará como soporte os medios audiovisuais dispoñibles na aula. Terase en conta a participación activa do alumnado en clase e a demostración dos coñecementos adquiridos que tamén se avaliarán a través de probas tipo test.
Resolución de problemas Análise, reflexión e exposición de cuestións que teñan que ver coas principais problemáticas suscitadas nas clases teóricas realizadas a través da lección maxistral. O alumnado terá á súa disposición a asistencia en clase da docente para facilitar o desempeño desta actividade. Algunhas destas prácticas poderanse realizar a través do sistema de "elaboración de traballos a través do sistema de Aprendizaxe Basada en Proxectos" (ABP) encomendados polo profesorado sobre temas relacionados coa materia e orientados a mellorar a comprensión dos contidos e competencias relacionadas coa cooperación, liderado, comunicación e fortalecemento das relacións persoais.
Estudo de casos Estudo, análise, reflexión e exposición de casos e traballo tutelado sobre as cuestións tratadas na materia. O profesorado asistirá ao alumnado naquelas cuestións e dúbidas formuladas (en clase e a través de titoría personalizada) para a súa elaboración.

A realización e avaliación desta proba pódese realizar a través da metodoloxía de ApS, de acordo cos liñamentos aprobados pola Área de Responsabilidade Social e cooperación e a través de proxecto de innovación docente da Facultade (toda a información sobre esta forma de supera-los estudios de casos estará dispoñible con claridade para o alumnado).

A elección entre realiza-los estudios de casos a través de traballos, ou realizalos polas metodoloxías de (ApS e Proxecto de Innovación) será voluntaria por parte do alumnado, os que serán debidamente informados desde o inicio da docencia da disciplina sobre ámbalas modalidades, a súa realización e avaliación. A docente tamén publicará esta información detallada no espazo reservado para a disciplina en Moovi.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000