Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Economía: Economía pública
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C10
D1
D3
D4
D5
Estudo de casos Proba na que un alumno/a debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos,
diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
C10
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B5
C10
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C10
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nesta materia existe a opción de realizar unha actividade voluntaria seguindo a metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP). O  alumnado traballará os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 conxuntamente en tres materias ( "Ciencia política", "Ciencia da administración e Xestión Pública" e "Economía Pública"). A avaliación desta actividade terá un valor de 2 puntos na nota fina.

• A información sobre as actividades
avaliativas está dispoñible no espazo da materia no campus virtual,
baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema.


O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria
(segunda convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades
realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma. O exame de Segunda Oportunidade pode consistir nunha proba que puntúa o 100 % da nota.


Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o
profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do
alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre
antes do día 30 de setembro.

(*) A
única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia
poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma.

A
base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en
aplicación do disposto no artigo 6.1e) do RXPD no que o tratamento é
necesario para o exercicio dos poderes públicos conferidos ao
responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro do procedemento administrativo común das administracións
públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, de 30 de decembro, polo que
se aproba o Estatuto do Estudante Universitario.

O
acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao
profesorado de cada materia para a realización das actividades
académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin
divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o
correspondente deber de confidencialidade dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000