Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Goberno aberto, política e institucións
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Goberno aberto, política e institucións Código P07G092V01406
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Mahou Lago, Xosé María
Correo-e xmahou@uvigo.es
Profesorado
Mahou Lago, Xosé María
Web
Descrición xeral Nos últimos anos é un feito incuestionable o desenvolvemento da Sociedade da Información e do Coñecemento en todos os ámbitos da actividade humana e, en especial, nas administracións públicas. A aplicación das novas tecnoloxías está a posibilitar a apertura de canles de interacción cada vez máis intensos entre administración e administrado.

A proliferación de conceptos tales como goberno aberto, goberno electrónico, administración electrónica, gobernanza electrónica ou democracia electrónica ven a constatar o xurdimento dunha nova dimensión na que a política, e máis concretamente, as diferentes políticas públicas deixan de ser un reduto exclusivo dos centros tradicionais de poder para seren deseñadas e implementadas co concurso activo da cidadanía.

A presente materia achega ao alumnado ao estudo do Goberno Aberto, intentando descubrir os alicerces do seu funcionamento e estrutura. Con esta fin centrarémonos:

1- Na análise da Sociedade da Información e do Coñecemento como contexto de desenvolvemento do Goberno Aberto.
2- Na aproximación teórico-conceptual ao Goberno Aberto dende o paradigma do Goberno electrónico.
3- No coñecemento de experiencias de Goberno aberto no ámbito da transparencia, participación e colaboración.
4-Nos plans e estratexias de Goberno e Administración electrónica do Estado e da Xunta de Galicia
5- Nos principais servizos electrónicos: eSaúde e eEducación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000