Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Habilidades nas administracións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor/a.
20 B1
B2
B3
B7
B9
C7
C15
C16
Debate Actividade na que o alumnado deberá traballar e debatir sobre un tema en concreto relacionado coa materia, nun tempo/condicións establecido/as polo profesor/a. 5 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B7
B9
Prácticas con apoio das TIC Actividades desenvolvidas a través das TIC na que se traballen habilidades específicas do ámbito académico e/ou profesional. 20 A1
A2
A3
A4
A5
C15
C16
D4
D6
Foros de discusión Actividades desenvolvidas nunha contorna virtual na que se debaten temas diversos relacionados co ámbito académico e/ou profesional. 15 A1
A2
A3
A4
A5
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. 10 B3
B7
C16
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 30 A1
A2
A3
A4
A5
D1
D2
D4
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación Continua (AC), será a avaliación por defecto detallada nesta Guía Docente.

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou
alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG).
A elección
de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten
e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.
A AG, terá unha Proba de Avaliación Global cunha ponderación do 100% da nota e que soamente se poderá superar sacando un 5 na devandita Proba de Avaliación Global.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000