Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Dereito orzamentario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial de respostas curtas realizadas polo
alumnado de
avaliación continua, que consta de dúas partes: unha
práctica (na que
se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha
teórica (na que se
formularán distintas preguntas sobre o temario da
materia)
40
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba parcial que consta de dúas partes: unha práctica
(na que se
resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica
(na que se
formularán distintas preguntas sobre o temario da
materia)
40
Observación sistemática O profesorado, a través das diferentes actividades que
propoña ao
alumnado que se someta a avaliación continua (casos
prácticos,
exposición oral dun tema, presentación escrita dun
traballo, ApS, tarefa
colaborativa na aula, etc.), valorará a participación
activa e calidade
das intervencións deste tanto nas clases maxistrais
como, sobre todo,
nas clases prácticas. A participación activa e de
calidade do alumnado
que se somete a avaliación continua representará o
20% da súa
cualificación final. Tamén se terá en conta a
participación dos
estudantes nas actividades organizadas pola área de
Dereito Financeiro
e Tributario.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame.

Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes

que conforman cada lección.

Primeira oportunidade de exame:

1.- Segundo se establece no Regulamento de Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe

do estudantado (aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a

súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua conforme ao procedemento e na data establecidos polos

órganos competentes do Centro.

2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado conforme aos seguintes criterios: 1º)

Primeira proba parcial, que se realizará a metade do cuadrimestre (40%), 2º) Segunda proba parcial, que se realizará ao

final do cuadrimestre (40%), 3º (Asistencia regular, participación activa na clase e actividades organizadas pola Área de

Dereito Financeiro e Tributario (20%). Aos efectos de poder realizar esta última avaliación controlarase a asistencia a clase.

As dúas probas parciales escritas son obrigatorias, constarán dunha parte práctica e outra teórica, realizadas ambas en

período lectivo, empregando a plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto. A parte práctica de cada unha das

dúas probas suporá un 20%, mentres que a parte teórica de cada unha das dúas probas suporá un 80% da calificación. Cada unha destas dúas probas parciais é liberatoria sempre que o/a alumno/a acade unha cualificación mínima de 5 sobre 10, de

maneira que tendo superadas ambas probas non estará obrigado/a a realizar o exame ou proba final, como requisito para

superar a materia.

3.- Os/as alumnos/as de avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame

teórico e o 40% da cualificación obtida no exame práctico, realizados a través da plataforma de teledocencia Moovi e o

Campus Remoto, sendo ambos diferentes aos que realicen os alumnos/as de avaliación continua, no que se avaliarán todas

as competencias.

4.- A proba final de avaliación realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola

Xunta de Facultade para o curso académico 2023/2024.

A nota do exame final será a suma das notas obtidas segundo os criterios e porcentaxes anteriormente establecidos.

- Alumnado que siga o sistema de avaliación continua: o/a alumno/a terá que realizar, de forma obrigatoria, un exame final

correspondente á materia que non teña superada nunha ou en ambas probas de avaliación continua realizadas ao longo do

cuadrimestre. O exame final terá dúas partes: unha teórica (que representará o 80% da cualificación) e unha proba práctica

(que representará o 20% da cualificación) Para superar a materia é necesario que o alumnado obteña, como mínimo, unha

cualificación de 4 sobre 10 nese exame.

Asimesmo, a este exame final poderá concurrir o alumnado que teña superadas as dúas probas de avaliación continua

realizadas durante o cuadrimestre no caso de que desexe subir nota.

- Alumnado con avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame teórico e o

40% da cualificación obtida no exame práctico, sendo ambos diferentes ao que realicen os/as alumnos/as de avaliación

continua.

Segunda oportunidade de exame:

1.- No exame de xuño/xullo, o alumnado que se acolleu ao sistema de avaliación continua só realizará unha proba final, que

representará o 80% da súa cualificación final, e que constará de duas partes: unha práctica (na que se resolverán un ou

varios casos prácticos e que suporá o 20% da calificación correspondente á proba final) e unha teórica (na que se

formularán distintas preguntas sobre o temario da materia, e que suporá o 80% da calificación correspondente á proba

final). En todo caso, o/a alumno/a deberá acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle

teñan en conta as cualificacións obtidas por asistencia regular participación activa na clase e actividades organizadas pola

Área de Dereito Financeiro e Tributario (20%). De non acadar esta nota mínima, a cualificación que se reflexará na acta será

a obtida no exame final.

2.- O alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua conservará, exclusivamente para a segunda

oportunidade de exame, a nota que obtivo por asistencia regular e participación activa.

3.- Para os alumnos/as de avaliación global, a súa cualificación final estará integrada polo 60% da calificación obtida no

exame teórico e o 40% da calificación obtida no exame práctico, sendo ambos diferentes ao que realice o alumnado de

avaliación continua.

4.- A proba final de avaliación, tanto para o alumnado de avaliación continua como de avaliación global, realizarase na data,

hora e lugar especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico

2023/2024.

ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA OS/AS ALUMNOS/AS QUE CONCURRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

No exame de Fin de Carreira a nota final estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame teórico e o 40% da

cualificación obtida no exame práctico.

O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola

Xunta de Facultade.

INFORMACIÓN ADICIONAL

1. A información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta

"Avaliación" de cada tema.

2. O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda convocatoria) a partir da adaptación que

destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma.

3. Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha

FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do 30 de

setembro.

A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado

matriculado na asignatura. A base de lexitimación para o tratamento deste dato realizase en aplicación do disposto no artigo

6.1.e) do RXPD no que o tratmento é necesario pra o exercicio dos poderes públicos conferidos ao responsable do tratmento

baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas

e no artigo 25.7 do RD 1971/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso

á imaxe e aos datos do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das

actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade,

debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000