Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Dereito financeiro e tributario II: Xestión tributaria e sistema fiscal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da/do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudantado
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral
Estudo de casos Método a través do cal o alumnado aprende a aplicar os textos xurídicos adecuados para resolver determinados problemas prácticos. O alumnado deberá elexir as normas correctas e interpretalas
adecuadamente, para cada situación creta. Con ísto conséguese despertar o interés sobre a materia amosando a súa importancia práctica, ademáis de desenvolver a comprensión dos textos
xurídicos.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado sitúase no centro da aprendizaxe, sendo capaz de resolver de forma autónoma certos
problemas ou retos. O profesorado apoia ao alumnado no camiño á solución, a modo de guía ou
supervisor.
Foros de discusión Espazos para discusións académicas que contribúen ao desenvolvemento do pensamento crítico
estratéxico a partir do diálogo. A/o docente facilita, aconsella e guía ao alumnado para que saiba
relacionar as fontes de información apropiadas
Aprendizaxe-servizo Mediante esta metodoloxía, de forma opcional para o alumnado, pode combinarse a aprendizaxe coa prestación dun servizo á sociedade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000