Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A participación e intervención nas clases teóricas, a preparación das sesións teóricas, cando así proceda, a realización de cuestionarios na plataforma de teledocencia, a
asistencia a actividades formativas organizadas pola área de Dereito do Traballo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado á marxe das probas obxectivas parciais e finais.
5
Estudo de casos A participación e intervención nas clases prácticas, a preparación dos supostos prácticos, cando así
proceda, a realización de cuestionarios na plataforma faitic, a
asistencia a actividades formativas organizadas pola área de Dereito do Traballo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado á marxe das probas obxectivas parciais e finais.
10
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 15% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios
liberará de materia de cara á realización do exame final. As
datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas
polo docente no cronograma da
materia.
20
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha proba/exame
final. Trátase dunha proba/exame práctico consistente na resolución,
por escrito, dun suposto/caso práctico no que alumnado
aplicará os coñecementos prácticos adquiridos durante o cuadrimestre. A cualificación obtida nesta suporá o 35% da nota final.
35
Resolución de problemas e/ou exercicios Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame
final. Trátase dunha proba teórica e escritura, que incluirá entre 4 e 7
preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes do
programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de
coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

b) Avaliación final. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua, será avaliado nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final, na que a parte teórica terá un valor do 70 por 100 e a práctica dun 30 por 100. 

CONVOCATORIA COMÚN DO MES DE XULLO:

A nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Con todo, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a será avaliado/a nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico e que representará o 100% da nota final (70 por 100 a teoria e 30 por 100 a práctica) .

As datas de exames son aprobadas pola Xunta da Facultade e publicadas na web da Facultade.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000