Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I: Institucións e fontes
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da/do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudantado.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral.
Estudo de casos Método a través do cal o alumnado aprende a aplicar os textos xurídicos adecuados para resolver determinados problemas prácticos. O alumnado deberá elexir as normas correctas e interpretalas adecuadamente, para cada situación creta. Con ísto conséguese despertar o interés sobre a materia amosando a súa importancia práctica, ademáis de desenvolver a comprensión dos textos xurídicos.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado sitúase no centro da aprendizaxe, sendo capaz de resolver de forma autónoma certos problemas ou retos. O profesorado apoia ao alumnado no camiño á solución, a modo de guía ou supervisor.
Foros de discusión Espazos para discusións académicas que contribúen ao desenvolvemento do pensamento crítico estratéxico a partir do diálogo. A/o docente facilita, aconsella e guía ao alumnado para que saiba relacionar as fontes de información apropiadas.
Aprendizaxe-servizo Mediante esta metodoloxía, combíanse o currículo académico coa prestación dun servizo á comunidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000