| Traballo tutelado |
O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C13
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9
|
| Presentación |
Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. |
70 |
A4
|
B2 B3
|
|
D1 D3 D4 D5 D7 D9
|
- A información sobre a elaboración
e defensa do TFM está dispoñible na plataforma de teledocencia. - O alumnado terá opción a
presentarse á convocatoria extraordinaria segundo as datas do calendario e en
función do informe de conformidade do titor/a
ATENCIÓN! REFERENCIA SOBRE O USO RESPONSABLE DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL (IA)
O uso de ferramentas de IA está permitido nesta materia sempre que se faga dun xeito ético,
responsable e transparente. Para iso, o estudantado deberá:
-
Utilizar a IA como apoio para a aprendizaxe, e non como substituto do pensamento crítico nin do traballo individual.
-
Revisar criticamente todas as actividades antes da súa realización ou entrega, xa que a responsabilidade última da tarefa ou actividade recae, en todo caso, no/na estudante.
-
Citar adecuadamente calquera contido xerado con IA, incluíndo os prompts utilizados e as respostas obtidas, seguindo o modelo de citación APA (7ª edición).
-
Evitar o uso da IA para realizar tarefas que deban reflectir competencias persoais (exames, reflexións individuais ou traballos prácticos avaliativos, etc.), salvo indicación expresa do profesorado.
-
Lembrar que o uso indebido da IA poderá ser considerado unha forma de fraude académico ou conduta deshonesta, e será tratado consonte a normativa disciplinaria vixente na Universidade de Vigo (UVigo).
A continuación, inclúese un exemplo de citación de prompts e respostas en formato APA (7ª edición). Para citar contido xerado por IA, recoméndase seguir o seguinte criterio:
Na lista de referencias:
OpenAI. (2025). Resposta xerada por IA a partir do prompt: “Explica a teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel” [IA xerativa]. ChatGPT. https://chat.openai.com/
No texto:
(OpenAI, 2025). Tamén se pode incluír o prompt nun apéndice ou nota ao pé de páxina se é relevante para a comprensión do traballo. |