Guia docente 2025_26
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Máster Universitario en Dirección pública e liderado institucional
 Materias
  Métodos de investigación na xestión pública
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Silmulación dun proceso de investigación a partir da lectura dun caso. 30 A2
A3
A5
B2
B3
B4
B5
B8
C1
C2
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios Silmulación dun proceso de investigación a partir da lectura dun caso. 30 A2
A3
A5
B2
B3
B4
B5
B8
C1
C2
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
Proxecto Unha vez revisado o procceso de investigación polo profesorado, o alumnado entregará un informe final tendo en conta as suxestións de cambio. 20 A2
A3
A5
B2
B3
B4
B5
B8
C1
C2
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
Presentación Presentación dos resultados da investigación 20 D4
D5
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.

  • Para superar a materia, os/as estudantes deberán aprobar cada proba evaluativa por separado, cun mínimo de cinco para poder sumar as notas obtidas en cada parte para determinar o resultado final.
  • A información sobre as actividades evaluativas continua e global estará dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema.
  • O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda oportunidade) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma.
  • Toda a información dá materia estará dispoñible na plataforma Moovi. https://moovi.uvigo.gal
  • Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.

A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma.

A base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) do  RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poder públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro  do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 do  RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario.  O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade  dos mesmos.


ATENCIÓN! REFERENCIA SOBRE O USO RESPONSABLE DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL (IA)


O uso de ferramentas de IA está permitido nesta materia sempre que se faga dun xeito ético,

responsable e transparente. Para iso, o estudantado deberá:




  • Utilizar a IA como apoio para a aprendizaxe, e non como substituto do pensamento crítico nin do traballo individual.




  • Revisar criticamente todas as actividades antes da súa realización ou entrega, xa que a responsabilidade última da tarefa ou actividade recae, en todo caso, no/na estudante.




  • Citar adecuadamente calquera contido xerado con IA, incluíndo os prompts utilizados e as respostas obtidas, seguindo o modelo de citación APA (7ª edición).




  • Evitar o uso da IA para realizar tarefas que deban reflectir competencias persoais (exames, reflexións individuais ou traballos prácticos avaliativos, etc.), salvo indicación expresa do profesorado.




  • Lembrar que o uso indebido da IA poderá ser considerado unha forma de fraude académico ou conduta deshonesta, e será tratado consonte a normativa disciplinaria vixente na Universidade de Vigo (UVigo).




A continuación, inclúese un exemplo de citación de prompts e respostas en formato APA (7ª edición). Para citar contido xerado por IA, recoméndase seguir o seguinte criterio:


Na lista de referencias:

OpenAI. (2025). Resposta xerada por IA a partir do prompt: “Explica a teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel” [IA xerativa]. ChatGPT. https://chat.openai.com/


No texto:

(OpenAI, 2025). Tamén se pode incluír o prompt nun apéndice ou nota ao pé de páxina se é relevante para a comprensión do traballo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000