Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Máster Universitario en Dirección pública e liderado institucional
 Materias
  Políticas públicas e estado de benestar
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Políticas públicas e estado de benestar Código P04M125V11211
Titulación
Máster Universitario en Dirección pública e liderado institucional
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
López Mira, Álvaro Xosé
Correo-e almira@uvigo.gal
Profesorado
Blanco Fillola, Ismael
López Mira, Álvaro Xosé
Web
Descrición xeral Esta é unha materia especialmente interesante nas circunstancias actuais, nas que se intensificou o debate sobre que curso debe seguir a acción pública para dar resposta aos retos expostos pola crise.

A materia permitiranos pór de relevo a importancia de distintos aspectos que afectan á elaboración das políticas: a selección dos problemas que formarán parte da axenda das autoridades públicas e a maneira en que eses problemas son definidos; a formulación de alternativas para resolvelos, a toma de decisións públicas; e a implementación das políticas. Todo iso baixo a paradigma do Estado de Benestar.

Ao longo da materia introduciremos un bo número de conceptos teóricos, polo que necesitamos a súa complicidade no estudo puntual das lecturas que propomos. Con todo, non é menos importante o que vostedes teñan tamén a oportunidade de aplicar os conceptos á análise da realidade que lles rodea. Por iso, ademais dalgúns traballos empíricos que terán que ler e analizar, tamén propomos a realización dalgúns sinxelos exercicios que nos axudarán nesta tarefa de aprendizaxe e animarán as nosas discusións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000