Guia docente 2023_24
Facultad de Dirección y Gestión Pública
Máster Universitario en Dirección pública e liderado institucional
 Materias
  Liderazgo público. Xestión de persoas e equipos de alto rendimento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente. 40 A4
A5
C11
D5
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. 30 A1
B1
C8
D1
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. 30 A1
B1
C8
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.

  • Para superar a materia, os/as estudantes deberán aprobar cada proba evaluativa por separado, cun mínimo de cinco para poder sumar as notas obtidas en cada parte para determinar o resultado final.
  • A información sobre as actividades evaluativas continua e global estará dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema.
  • O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda oportunidade) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma.
  • Toda a información dá materia estará dispoñible na plataforma Moovi. https://moovi.uvigo.gal
  • Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.

(*) A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma.

A base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) do  RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poder públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro  do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 do  RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario.  O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade  dos mesmos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000