Convocatoria ordinaria A avaliación realizarase de forma continua ao longo do cuadrimestre. A asistencia ás clases será obrigatoria no modelo de avaliación continua, así como a entrega de todos e cada un dos traballos propostos. Realizarase por parte do profesorado o seguimento da asistencia ás clases e a participación activa nas mesmas. A avaliación continua realizarase en base ás metodoloxías/probas indicadas e o seu porcentaxe de cualificación: Plantexaranse a resolución de problemas e/ou exercicios a desenvolver tanto no aula como a través do traballo autónomo do/a estudante, e a súa cualificación suporá un 40% da nota final. Como último traballo, plantexarase un proxecto final que implique a demostración da adquisición de todos os coñecementos da asignatura de forma progresiva e que suporá un 40% da nota final. Tamén se realizará unha exposición por parte do/a estudante ante o/a docente e o resto do grupo de estudantes dos resultados do proxecto, o que suporá o restante 20% da nota final da asignatura. Avaliación global Para aqueles alumnos/as que se lles conceda a opción de avaliación global, a proba de avaliación consistirá na entrega de todos os problemas e/ou exercicios do cuatrimetre, así como a entrega do proxecto final e a realización dunha presentación o día da proba. As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na avaliación continua. - Resolución de problemas e/ou exercicios 40%
- Proxecto 40%
- Presentación 20%
Convocatoria extraordinaria de xullo No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria, o/a estudante deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo, que consistirá na elaboración previa de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, así como na entrega do proxecto final e a súa presentación. As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na avaliación continua. - Resolución de problemas e/ou exercicios 40%
- Proxecto 40%
- Presentación 20%
Pódense consultar as datas de avaliación na páxina web da titulación: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/ |