|
Convocatoria ordinaria No desenvolvemento da materia se empleará unha metodología de avaliación continua,
polo que a
asistencia ás clases será obrigatoria, así como a entrega de todos e
cada un dos exercicios propostos. A avaliación se realizará en base ás
seguintes tipologías de actividades: - Resolución de problemas de forma autónoma: 35%
- Resolución de problemas e/ou exercicio: 35%
- Presentación: 20%
- Observación sistemática: 10%
Para o alumnado ao que se lle conceda a opción de avaliación
global (esta opción de avaliación debe ser comunicada ao profesorado da materia durante o primeiro mes de docencia e supón a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante o método de avaliación continua), a proba de avaliación consistirá en presentar e superar o
mesmo número de traballos e según as mesmas características requiridas
na metodología de avaliación continua, así como a realización dunha
presentación o día da proba. Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira: - Resolución de problemas e/ou exercicios: 70%
- Presentación: 30%
Convocatoria extraordinaria de xullo Na
convocatoria extraordinaria, o alumnado deberá presentar e superar o
mesmo número de traballos e según as mesmas características requiridas
na avaliación global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final,
que se llevará a cabo durante o período oficial de exámenes. A data e
hora se comunicarán ao comezo do curso no cronograma da materia. A avaliación da convocatoria extraordinaria de xullo será da seguinte maneira: - Resolución de problemas e/ou exercicios: 70%
- Presentación: 30%
A
non presentación dalgún dos exercicios ou unha nota inferior a 3,5
nalgún deles, supondrá o suspenso da materia, tanto na convocatoria
ordinaria (avaliación continua e global) como na extraordinaria. Datas de avaliación Todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro pódense consultar na seguinte dirección: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/ |