Avaliación continua: Se aplicarán as porcentaxes e conceptos anteriores. O alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos os traballos, exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria. Para superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques
de avaliación. Imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos
bloques para que se proceda a calcular a nota media.
Avaliación global: Os estudantes que opten pola modalidade de avaliación global deberán comunicalo por escrito ao responsable da materia nun prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia da materia Esta elección suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante o método de avaliación continua. Neste caso, a avaliación será do seguinte xeito: Lección maxistral/proba final de avaliación de coñecementos teóricos. 30% Resolución de problemas e/ou exercicios: Varias entregas independentes (mínimo de 3) de problemas ou exercicios que se avaliarán
de forma independente, tendo en conta a execución técnica/conceptual
adecuada de formulacións, procesos, e procedementos. 70%
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIANa convocatoria extraordinaria, o estudiantado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, que se realizará durante o período oficial de exames.Neste caso, a avaliación será do seguinte xeito: Lección maxistral/proba final de avaliación de coñecementos teóricos. 30% Resolución de problemas e/ou exercicios: Varias entregas independentes (mínimo de 3) de problemas ou exercicios que se avaliarán de forma independente, tendo en conta a execución técnica/conceptual adecuada A non presentación dalgún dos exercicios suporá suspender a materia, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria. Datas de avaliación: Pódense consultar todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na páxina web oficial do mesmo |