A materia “Introdución á Fotografía Dixital de Produto” ten como obxectivo proporcionar
ao estudantado unha comprensión fundamental dos procedementos e procesos da imaxe fotográfica dixital, así como a súa aplicación no ámbito do Deseño, a publicidade, as redes sociais e a dirección creativa. Ao longo do curso o estudantado adquirirá habilidades prácti- cas no manexo das ferramentas fotográficas e explorará a natureza conceptual da fotografía e a súa linguaxe.