Guia docente 2024_25
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Introdución á fotografía dixital do produto
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Problemas ou exercicios que dean resposta a formulacións e traballo de laboratorio. Valorarase a coherencia conceptual doa formulación, o correcto uso das técnicas e materiais, o nivel de acabado e a toma de iniciativa na experimentación. 40 A1
A5
B2
C4
C9
C14
Resolución de problemas de forma autónoma Proxecto que demostre a asimilación de todos os contidos da materia e as habilidades adquiridas de maneira global. Valorarase a coherencia conceptual do plantexamento, o correcto uso das técnicas e materiais, o nivel de acabado e a toma de iniciativa. 40 A4
A5
B2
C4
C9
C14
Observación sistemática Realizarase unha observación sistemática do alumnado dunha maneira individualizada, valorando a súa asistencia, a participación activa na aula, a proactividade ante os exercicios expostos e o respecto polo material e equipamento das aulas.
A asistencia e tutorización son indispensables para aprobar a materia.
10 A5
B2
C4
C9
Presentación Presentación e defensa dos traballos diante do profesorado e resto de estudantado 10 A4
B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua

No desenvolvemento da materia utilizarase unha metodoloxía de avaliación continua baseado na combinación das tipoloxías de actividades indicadas anteriormente, e coas porcentaxes de avaliación indicadas arriba. A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da asignatura, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria.

Para acollerse á metodoloxía de avaliación continua deberá constar unha asistencia mínima do 80% das horas totais da materia.


Metodoloxía de avaliación global 


O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no prazo máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación continua.

A elección da modalidade global de metodoloxía significará que o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse durante o período oficial de exames. A data e hora será comunicada a comezo de curso no cronograma da materia. 

Convocatoria extraordinaria

Na convocatoria extraordinaria o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, que terá lugar en data oficial.

Poden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na dirección: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/

A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da asignatura, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000