Guia docente 2026_27
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Laboratorio integrado: procedementos II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Laboratorio integrado: procedementos II Código P06G450V01205
Titulación
Grao en Deseño
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Debuxo
Didácticas especiais
Coordinador/a
Varela Casal, Cristina
Dopico Castro, Marcos
Doñate Mañeru, Antonio
Correo-e cristinavarelacasal@uvigo.es
mdopico@uvigo.es
antonio.donate@uvigo.gal
Profesorado
Doñate Mañeru, Antonio
Dopico Castro, Marcos
Varela Casal, Cristina
Web
Descrición xeral Os contidos céntranse na comprensión, deseño e materialización de proxectos tridimensionais. É unha materia eminentemente práctica, con carácter de obradoiro, onde a exploración e a experimentación, tanto cos materiais empregados como os conceptos derivados da propia práctica, levarán ao alumnado a repensar os límites do deseño autoeditado e comercial. Os Bloques Temáticos establécense de xeito complementario e progresivo. Partirase en todos eles dunha introdución histórica que lle dea contexto á práctica, e de conceptos teóricos básicos, apoiados na práctica por exercicios rápidos de bosquexado e prototipado ata a realización de proxectos máis complexos e vinculados coa práctica profesional. Este carácter progresivo susténtase dentro dunha flexibilidade adaptativa que está aberta a modificacións na organización inicial dos contidos. Así mesmo, preténdese proporcionar o coñecemento da extensa e diversa familia de materiais, técnicas e procedementos que se poñen a disposición da linguaxe tridimensional para o desenvolvemento do proceso creativo e a materialización das ideas. Por último, preténdese practicar a destreza de traballo manual que nun futuro lles permita crear tanto prototipos, modelos e maquetas como obras finais que doten ao seu traballo de maior rigor e personalidade. Durante o curso traballarán varias tipoloxías de maquetas, combinando materiais efémeros e de rápida manipulación con outros de execución e técnicas que requiren máis tempo e reflexión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000