Os contidos céntranse na comprensión, deseño e materialización de proxectos tridimensionais.
É unha materia eminentemente práctica, con carácter de obradoiro, onde a exploración e a
experimentación, tanto cos materiais empregados como os conceptos derivados da propia
práctica, levarán ao alumnado a repensar os límites do deseño autoeditado e comercial.
Os distintos Bloques Temáticos establécense de xeito complementario e progresivo. Partirase
en todos eles dunha introdución histórica que lle dea contexto á práctica, e de conceptos
teóricos básicos, apoiados na práctica por exercicios rápidos de bosquexado e prototipado ata
a realización de proxectos máis complexos e vinculados coa práctica profesional. Este carácter
progresivo susténtase dentro dunha flexibilidade adaptativa que está aberta a modificacións na
organización inicial dos contidos.
Así mesmo, preténdese proporcionar o coñecemento da extensa e diversa familia de materiais,
técnicas e procedementos que se poñen a disposición da linguaxe tridimensional para o
desenvolvemento do proceso creativo e a materialización das ideas.
Por último, preténdese practicar a destreza de traballo manual que nun futuro lles permita crear
tanto prototipos, modelos e maquetas como obras finais que doten ao seu traballo de maior
rigor e personalidade.
O obxectivo principal é desenvolver o hábito creativo mediante a experimentación, ser capaz de
proxectar ideas, describilas materialmente e a diferentes escalas, e favorecer a reflexión a partir
da contorna próxima.
Durante o curso traballarán varias tipoloxías de maquetas, combinando materiais efémeros e de