| Proxecto |
O alumnado deberá resolver un proxecto final, apoiándose nas bases teóricas e prácticas proporcionadas pola docencia. Análise, investigación, recollida de información, bosquexos, metodoloxía. Adecuación aos requisitos da tarefa, nivel de complexidade, resolución gráfica, presentación final, limpeza e orde, entrega en tempo e forma. |
30 |
A5
|
|
C3 C11 C14 C15 C16
|
D3
|
| Resolución de problemas e/ou exercicios |
O alumnado deberá resolver os diferentes exercicios plantexados ao longo do curso, apoiándose nas bases teóricas e prácticas proporcionadas pola docencia.
Análise, investigación, recollida de información, bosquexos, metodoloxía. Adecuación aos requisitos da tarefa, nivel de complexidade, resolución gráfica, presentación final, limpeza e orde, entrega en tempo e forma. |
40 |
|
|
|
|
|
Avaliación continua: Serán aplicados as porcentaxes e conceptos anteriores. O alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos os traballos, exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria. Para superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de avaliación. Imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se proceda a calcular a nota media.
Avaliación global: O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global deberá comunicarllo por escrito á docencia da materia no prazo máximo dun mes dende o inicio do curso e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación continua. Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira: - Resolución de problemas e/ou exercicios: o alumnado deberá resolver os diferentes exercicios plantexados ao longo do curso relacionados cos bloques temáticos. 60% - Lección maxistral/ proba final de avaliación de coñecemento de contidos teóricos. 40%
Convocatoria Extraordinaria: Na convocatoria extraordinaria o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse nun exame final, a desenvolverse durante o período oficial de exames. Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira: - Resolución de todos os problemas e/ou exercicios e proxecto final do curso: 70% - Proba final de avaliación de coñecemento de contidos teóricos. 30%
A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da asignatura, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria. Datas de avaliación: Poden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na dirección: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/
|