Guia docente 2026_27
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Fundamentos de tipografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá resolver diferentes exercicios propostos en relación cos bloques temáticos da materia 30 A5
B2
C3
C6
Proxecto O alumnado deberá realizar un Proxecto Final, cuxa formulación abordará todos os aspectos da materia 40 A5
B2
C3
C6
Presentación O alumnado deberá realizar a presentación do seu Proxecto Final, co apoio de medios audiovisuais axeitados 10 B2
D2
Exame de preguntas obxectivas O alumnado deberá realizar unha proba exame de preguntas obxectivas en base aos contidos da materia 20 A5
C3
C6
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria de xuño

— Avaliación contínua

Para poder ser avaliado mediante esta modalidade de avaliación continua o alumnado deberá cumprir coa asistencia obrigatoria, entregar todos os traballos, exercicios e probas correspondentes, así como presentarse ao exame desta convocatoria.

Para superar a materia será necesario obter unha media mínima de 5 nas cualificacións. Esta media será calculada a partir das porcentaxes establecidas en cada un dos bloques de avaliación.

Será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4 en cada bloque para que se poida calcular a nota media final.

— Avaliación global

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global deberá solicitalo no decanato e poñelo en coñecemento do profesor da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia. Esta elección suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua.

Nesta modalidade de avaliación o alumnado renuncia á asistencia ás aulas e ao seguimente e corrección dos exercicios por parte do docente responsable da materia.

O alumnado deberá de entregar todos os exercicios propostos no desenvolvemento da materia así como o Proxecto Final ao remate do curso. Tamén terá que facer, como o resto de alumnado, presentación do Proxecto Final e exame. As porcentaxes de cualificación por bloque serán as mesmas que na modalidade de avaliación contínua.


Convocatoria extraordinaria de xullo

No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria o estudantado ten a opción de presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo que consistirá na entrega de todos os traballos que teñan unha nota inferior ao 5, incluído o Proxecto Final. Tamén terá que facer a presentación do Proxecto Final e a proba-exame de preguntas obxectivas na data establecida.

As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na convocatoria ordinaria.


Pódense consultar as datas de avaliación na páxina web da titulación:

https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000