Convocatoria ordinaria A avaliación realizarase de forma continua ao longo do cuadrimestre. A asistencia ás clases será obrigatoria no modelo de avaliación continua, así como a entrega de todos e cada un dos traballos propostos e a realización de todas as probas. O profesorado levará un seguimento da asistencia ás clases e da participación activa nas mesmas. A avaliación continua levarase a cabo en base ás metodoloxías/probas indicadas, e a porcentaxe de cualificación será a seguinte: -
Resolución de problemas e/ou exercicios a desenvolver tanto na aula como a través do traballo autónomo do estudantado, que suporá o 30% da nota final.
-
Como último traballo, proporase un proxecto final que implique a demostración da adquisición de todos os coñecementos da materia de maneira progresiva, e que suporá o 40% da nota final.
-
Realizarase unha exposición por parte do estudantado ante o docente e o resto do grupo sobre os resultados do proxecto, o que suporá o 10% da nota final da materia.
-
O alumnado deberá realizar unha proba-exame de preguntas obxectivas baseada nos contidos da materia, que suporá o 20% restante da cualificación.
Avaliación global Para aquel alumnado ao que se lle conceda a opción de avaliación global, a proba de avaliación consistirá na entrega de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, a entrega do proxecto final, a realización dunha presentación o día da proba e a realización da proba-exame de preguntas obxectivas. As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na avaliación continua.
Convocatoria extraordinaria de xullo No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria, o estudantado deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo, que consistirá na elaboración previa de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, a entrega do proxecto final e a súa presentación, e a realización da proba-exame de preguntas obxectivas. As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na avaliación continua.
Pódense consultar as datas de avaliación na páxina web da titulación: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/ |