Educational guide 2024_25
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Fundamentos de tipografía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre os diferentes aspectos da tipografía e a composición de texto. Explicación das directrices para a elaboración por parte do alumnado dos diferentes traballos e proxectos ao longo do curso.
Estudo de casos Análise de casos de estudio relevantes do deseño gráfico e o uso da tipografía, coa finalidade de coñecer, interpretar e reflexionar sobre diferentes solucións de deseño aplicadas en proxectos reais e que sirvan como bases teóricas e conceptuais nos proxectos propios.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa tipografía. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000