Guia docente 2026_27
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Fundamentos de tipografía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos contidos propios de cada bloque, buscando a reflexión e a participación do alumnado. Visitas a obradoiros de produción gráfica que sexan de interese para a fixación de contidos teórico-prácticos.
Estudo de casos Realización de análises de casos relevantes do deseño gráfico e do uso da tipografía para coñecer, interpretar e reflexionar sobre as diferentes solucións de deseño aplicadas en proxectos reais, para servir como base teórica e conceptual nos proxectos propios.
Resolución de problemas de forma autónoma Realización de actividades segundo a secuencia xeral seguinte:
– Proposta do exercicio para resolver por parte do alumnado de forma autónoma e tutelada.
– Análise e resolución dos problemas e/ou exercicios polo alumnado.
– Selección de propostas para a exposición colectiva na aula.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000