Convocatoria ordinaria
A avaliación realizarase de forma continua ao longo do cuadrimestre.
A asistencia ás clases será obrigatoria no modelo de avaliación continua, así como a entrega de todos e cada un dos traballos propostos. O profesorado realizará o seguimento da asistencia ás clases e a participación activa nas mesmas.
A avaliación continua realizarase en base ás metodoloxías/probas indicadas e a súa porcentaxe de cualificación:
Plantexarase a resolución de problemas e/ou exercicios a desenvolver tanto na aula como a través do traballo autónomo do/a estudante, e a súa cualificación suporá un 40% da nota final.
Como último traballo, plantexarase un Portfolio/Dossier que implique a demostración da adquisición de todos os coñecementos da materia de forma progresiva e que suporá un 40% da nota final.
Tamén se realizará unha exposición por parte do/a estudante ante o/a docente e o resto do grupo de estudantes dos resultados do portfolio, o que suporá o restante 20% da nota final da materia.
Avaliación global
Para aqueles alumnos/as aos que se lles conceda a opción de avaliación global, a proba de avaliación consistirá na entrega de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, así como a entrega do portfolio final e a realización dunha presentación o día da proba.
As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na avaliación continua.
- Resolución de problemas e/ou exercicios 40% - Portfolio/Dossier 40% - Presentación 20%
Convocatoria extraordinaria de xullo
No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria, o/a estudante deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo, que consistirá na elaboración previa de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, así como na entrega do portfolio final e a súa presentación.
As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na avaliación continua.
- Resolución de problemas e/ou exercicios 40% - Portfolio 40% - Presentación 20%
Pódense consultar as datas de avaliación na páxina web da titulación: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/ |