Educational guide 2024_25
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Expresión artística: Ilustración
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos Análise de casos de estudio relevantes do mundo da ilustración, coa finalidade de coñecer, interpretar e reflexionar sobre diferentes solucións de ilustracións aplicadas en proxectos reais e que sirvan como bases teóricas e conceptuais nos proxectos propios.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa ilustración. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios na aula e como traballo autónomo.
Cartafol/dossier O alumnado realizará cartafol/dossier de traballo co obxectivo de amosar os seus progresos na área da ilustración. Debe incluír contidos elixidos polo alumno/a, baixo criterios de selección e evidencias de autorreflexión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000