O estudante
poderá optar por dous sistemas de avaliación: Avaliación
contínua: A asistencia
sistemática, a implicación e a participación en clase son factores
imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de
docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e
exercicios na aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son
factores imprescindibles para superar a materia. En consecuencia, e coa
metodoloxía citada, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada
estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en
relación a cada traballo desenvolvido e presentado. Avaliación
global: Aqueles
estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global
deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días
hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a
avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado da Universidade de Vigo). Serán avaliados dos contidos do
programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota
final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta. Datas de exames: Convocatoria decembro 2025: A data do exame acordarase co profesor da materia na clase. Convocatoria de xullo 2025: 7 xullo 10:00 h Aula teórica Deseño. Para mais información consultar: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-evaluaciones-gd-esp/ |