Guia docente 2026_27
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Fundamentos do deseño II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá resolver diferentes exercicios plantexados ao longo do curso relacionados cos bloques temáticos 40 A1
A5
C3
C4
Proxecto O alumnado deberá realizar un proxecto final que aborde todos os aspectos da materia 40 A1
A5
B1
C3
C4
Presentación O alumnado realizará unha presentación do seu proxecto final apoiado en medios audiovisuais 20 A5
B1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONVOCATORIA ORDINARIA
Avaliación continua

Aplicaranse as porcentaxes e criterios previamente detallados.
O alumnado que siga a avaliación continua deberá entregar todos os traballos, exercicios e realizar as probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria.
Para superar a materia será necesario acadar unha media de 5, calculada segundo as porcentaxes establecidas en cada un dos bloques de avaliación. Será imprescindible obter unha cualificación mínima de 4 en cada bloque (resolucion de problemas, proxecto, presentación)  para que se proceda ao cálculo da nota media.
Avaliación global

O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global deberá comunicalo por escrito á persoa responsable da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia. Esta comunicación suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante a avaliación continua.
Neste caso, a avaliación estrutúrase do seguinte xeito:

·       Resolución de problemas e/ou exercicios 40%
·       Proxecto 40%
·       Presentación 20%
A non presentación dalgunha das entregas ou exercicios suporá o suspenso da materia, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Avaliación continua

No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria, o/a estudante deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo, que consistirá na elaboración de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, así como na entrega do proxecto final e a súa presentación.
Avaliación global

O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global na segunda convocatoria deberá comunicalo por escrito á persoa responsable da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia do segundo cuadrimestre. Esta comunicación suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante avaliación continua.

A avaliación estrutúrase do seguinte xeito:
·       Resolución de problemas e/ou exercicios 40%
·       Proxecto 40%
·       Presentación 20%
A non presentación dalgunha das entregas ou exercicios suporá o suspenso da materia, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.

Datas de avaliación:
As datas das probas de avaliación aprobadas polo centro poden consultarse en

https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-evaluaciones-gd-esp/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000