Prácticas con apoio das TIC |
Unha vez finalizada a sesión maxistral, o alumnado deberá resolver de maneira individual os exercicios destinados a consolidar os fundamentos teóricos e a aplicación de ferramentas de software expostas durante a lección maxistral. Ao longo da sesión, realizarase un seguimento e unha atención personalizada segundo as necesidades. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Durante o cuadrimestre, o alumnado deberá realizar varios exercicios de deseño nos cales, baixo os parámetros establecidos, demostre a asimilación dos contidos da materia e a súa aplicación persoal de maneira creativa e tecnicamente correcta. Os exercicios deberán integrar as posibilidades creativas da imaxe de mapa de bits e da imaxe vectorial de maneira coherente, segundo obxectivos e usos específicos. |