Guia docente 2025_26
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Técnicas informáticas I: Imaxe dixital
   Contidos
Tema Subtema
Ferramentas aplicadas á imaxe dixital. Conceptos básicos de linguaxe e contorna de información dixital: bit, byte, tamaño en disco, formatos de arquivo, tipos de compresión.

Hardware vs. software.
Introdución a conceptos de hardware e software en relación ao equipo, programas e almacenamento: disco duro/disco externo, monitores, periféricos, espazos de traballo, nube/espazos compartidos.

Plataformas PC e Mac.
Similitudes, diferenzas, compatibilidade.
A imaxe dixital: imaxe de mapa de bits vs. imaxe vectorial. Diferenzas entre imaxe dixital e imaxe analóxica.

Imaxe dixital.
Composición e tipos.
Diferenzas básicas e definición técnica de cada unha delas.
Optimización.

Conceptos: píxel, tamaño vs. dimensións, resolución, ruído, pixelado, interpolación, remuestreo vs. redimensionado.

Modos de tratamento e almacenamento de imaxe de mapa de bits e imaxe vectorial.
Imaxe de mapa de bits.
Software: Adobe Photoshop.
Introdución ao espazo de traballo en Photoshop: conceptos básicos, paletas, menús principais, ferramentas e paneis.

Conceptos crave de traballo con imaxe de pixels.
Creación, posprodución, retoque e optimización de imaxes de mapa de bits para deseño gráfico e deseño de moda.

Creación de documentos e capas.
Regras, cuadrícula, guías.

Traballo con filtros e efectos.

Traballo con cor: mostras, libros de cor, creación de paletas, cores planas vs. CMYK, conversións de cor.

Creación de motivos e "rapports".

Exportación de formatos de imaxe para diversos tipos de produción.
Imaxe vectorial.
Software: Adobe Illustrator.
Conceptos básicos do debuxo vectorial.

Introdución ao espazo de traballo en Illustrator: conceptos básicos, paletas, menús principais, ferramentas e paneis.

Conceptos crave de traballo con vectores.

Creación de documentos e capas.
Regras, cuadrícula, guías.

Formatos de imaxe vectoriais e exportación para diferentes contextos de uso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000