| Traballo tutelado |
Proposta de traballo por proxectos. Valorarase a evolución tutelada do traballo e as artes finais. |
20 |
A5
|
B1
|
C3 C6
|
|
| Observación sistemática |
Valorarase a asistencia, o grao de interese, o seguimento de exercicios e a participación activa na materia, así como a evolución na traxectoria do curso. |
15 |
A1 A5
|
B1
|
C3 C6 C8
|
|
CONVOCATORIA ORDINARIAAvaliación continua-
Aplicaranse as porcentaxes e criterios previamente detallados.
-
O alumnado que siga a avaliación continua deberá entregar todos os traballos, exercicios e realizar as probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria.
Para superar a materia será necesario acadar unha media de 5, sendo imprescindible obter unha cualificación mínima de 4 en cada bloque para que se proceda ao cálculo da nota media.
Avaliación global-
O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global deberá comunicalo por escrito á persoa responsable da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia.
-
Esta comunicación suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante a avaliación continua.
-
Neste caso, a avaliación estrutúrase do seguinte xeito:
• Lección maxistral / proba final de avaliación de coñecemento de contidos teóricos: 40%
• Resolución de problemas e/ou exercicios (mínimo 3 entregas independentes, avaliadas de xeito independente, considerando a execución técnica e experimentacións de carácter plástico, de deseño e visual específico): 40%
• Presentación final do traballo desenvolvido e entregado, empregando materiais gráficos e visuais de apoio: 20%
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIAAvaliación continuaAvaliación global-
O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global na segunda convocatoria deberá comunicalo por escrito á persoa responsable da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia do segundo cuadrimestre.
-
Esta comunicación suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante avaliación continua.
-
Neste caso, a avaliación estrutúrase do seguinte xeito:
• Lección maxistral / proba final de avaliación de coñecemento de contidos teóricos: 40%
• Resolución de problemas e/ou exercicios (mínimo 3 entregas
independentes, avaliadas de xeito independente, considerando a execución
técnica e experimentacións de carácter plástico, de deseño e visual
específico): 40%
• Presentación final do traballo desenvolvido e entregado, empregando materiais gráficos e visuais de apoio: 20%
A non presentación dalgún dos exercicios suporá o suspenso da materia, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria.
Datas de avaliaciónPoden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na seguinte dirección: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-evaluaciones-gd-esp/ |