A materia céntrase no recoñecemento, clasificación, creación e manipulación de materiais e soportes, co obxectivo de capacitar ao estudantado para abordar proxectos de deseño gráfico e deseño de moda desde unha perspectiva máis ampla.
A través da análise e a experimentación, o alumnado poderá familiarizarse coas técnicas, a terminoloxía e as linguaxes técnicas asociadas, así como coa preparación de materias e soportes que lle permitirán abordar futuros procesos creativos e producións que poidan involucrar a colaboración con outros profesionais.