A mayor parte da actividade na materia será práctica, centrada no desenvolvemento dos proxectos de cada estudante. Fomentarase a participación do alumnado na análise e procura de solucións en grupo para cada unha das pezas expostas.
Lección maxistral
Impartiranse dúas clases teóricas referidas aos contidos teóricos da materia, e de cara á contextualización dos traballos e técnicas a realizar.
Traballo tutelado
Traballo individual desenvolvido no obradoiro baixo a supervisión do profesorado.
Cartafol/dossier
Proxecto a desenvolver e presentar polo estudante.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000