Estudo dos problemas estruturais dun traballo de investigación artístico de experimentación e a súa anotación. Relación coa práctica artística, referencias e citas, bibliografía, desde a experimentación no taller ata o resultado e aplicación final. |
Trataranse diversos ámbitos da creación téxtil a través dun seminario específico no que contaremos coa presenza e achega de Ines Rir, artista téxtil cunha longa traxectoria de investigacións no ámbito de creación e tratamento de superficies téxtiles |
A creación como investigación; a investigación como creación. Aproximación a un modelo metodolóxico onde a investigación articula o espazo central da creación. |
As técnicas serán as básicas do tecido, tafetán, e sarga pero modificadas a través do origami, o playting, técnicas de punto, bordado, anudado e afieltrado que se combinarán na construción do tecido, Non de forma superposta senón introducíndose á vez que se constrúe. |
Achegamento e profundización no tecido
Técnicas artesanais básicas e creativas de intervención nun tecido. |
Materiais orgánicos e naturais como a la en diferentes tipos, corda… torsionados e de sección circular. Con materiais planos como as tiras de feltro, cintas, papel, plástico…e tamén con materiais como o arame. |