| Bloque 1. Identidade, marca e sistemas gráficos en moda |
Fundamentos da identidade visual aplicada á moda. Marca gráfica, signos identificadores, arquitectura gráfica, sistemas visuais e códigos de recoñecemento. Monograma, símbolo, logotipo, tipografía, cor e flexibilidade dos códigos gráficos. Identidade de marca, identidade de colección e colaboracións entre marcas. |
| Bloque 2. Gráfica aplicada ao produto, superficie e produción material |
Aplicación da identidade gráfica sobre produto, superficie téxtil e soportes materiais. Estampación, rapport, gráfica posicional, variacións de cor e preparación de arquivos finais. Produción gráfica, artes finais, materiais, acabados e criterios básicos de impresión. Packaging, etiquetado, soportes de presentación, almacenaxe e envío no contexto da moda. |
| Bloque 3. Comunicación, cultura visual e contexto profesional en moda |
Circulación pública da moda e da identidade gráfica en contextos profesionais e culturais. Fashion show, presentación de colección, comunicación omnicanal e soportes editoriais ou dixitais. Ironía, apropiación, xogo gráfico e estratexias contemporáneas de comunicación visual. Análise de casos de referencia, incluíndo exemplos vinculados ao contexto galego, e presentación argumentada de proxectos. |