Guia docente 2023_24
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Fotografía de Moda
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Defensas públicas dos encargos da materia, colaboración nas actividades da aula e asistencia. 20 A4
B4
C4
D4
Aprendizaxe colaborativa Traballos en grupo. Paneis de referencias e representacións fotográficas de unha colección. Lookbook e e-commerce. 20 B9
C3
C4
D4
D5
D9
Aprendizaxe baseado en proxectos Panel de referencias do traballo individual. 20 A4
B3
B4
C3
D4
D5
Resolución de problemas de forma autónoma Traballo fotográfico individual. Representación fotográfica de unha colección. E-commerce, lookbook e campaña. 40 B4
B9
C4
D5
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

A avaliación realizarase sobre
todos e cada un dos exercicios realizados, avaliando por unha parte o traballo
realizado en equipo e por outra parte o traballo individual, así como a
asistencia a clase e participación. Para poder aprobar a materia necesitase ter
aprobada tanta a parte de traballo en grupos como a parte individual, non
podéndose superar se a media de algunha das dúas partes está suspensa. A ponderación
de estas actividades distribúese da seguinte maneira:

- 20%: Defensas
públicas dos encargos da materia, colaboración nas actividades da aula e
asistencia.

- 20%:
Traballos en grupo. Paneis de referencias en representacións fotográficas de
unha colección. Lookbook e e-commerce.

- 20%: Panel
de referencias do traballo individual.

- 40%:
Traballo fotográfico individual. Representación fotográfica de unha colección. E-commerce,
lookbook e campaña.

Os diferentes encargos e traballos
entregaranse a través da plataforma Moovi, podendo requirirse nalgunha ocasión
que se entregue algunha parte impresa.

 

Avaliación global

A avaliación realízase sobre unha
seria de probas que engloban tanto a parte teórica como a práctica. A ponderación
de estas probas distribúese da seguinte maneira:

- 50%:
Exame teórico

- 50%: Traballo
fotográfico individual. Representación fotográfica de unha colección. E-commerce,
lookbook, campaña e editorial.

Os traballos deberán entregarse
dentro do período de exames publicados na web da facultade: https://deseno.uvigo.gal/wp-content/uploads/2023/06/calendario-avaliacion_MESTRADO-MODA_23-24.pdf

O prazo de presentación dos
traballos para a segunda oportunidade están publicados no calendario da
facultade: https://deseno.uvigo.gal/wp-content/uploads/2023/06/calendario_MESTRADO_MODA_23_24.pdf

Os traballos
entregaranse a través da plataforma Moovi, podendo requirirse nalgunha ocasión
que se entregue algunha parte impresa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000