Avaliación continua A avaliación realizarase sobre
todos e cada un dos exercicios realizados, avaliando por unha parte o traballo
realizado en equipo e por outra parte o traballo individual, así como a
asistencia a clase e participación. Para poder aprobar a materia necesitase ter
aprobada tanta a parte de traballo en grupos como a parte individual, non
podéndose superar se a media de algunha das dúas partes está suspensa. A ponderación
de estas actividades distribúese da seguinte maneira: - 20%: Defensas
públicas dos encargos da materia, colaboración nas actividades da aula e
asistencia. - 20%:
Traballos en grupo. Paneis de referencias en representacións fotográficas de
unha colección. Lookbook e e-commerce. - 20%: Panel
de referencias do traballo individual. - 40%:
Traballo fotográfico individual. Representación fotográfica de unha colección. E-commerce,
lookbook e campaña. Os diferentes encargos e traballos
entregaranse a través da plataforma Moovi, podendo requirirse nalgunha ocasión
que se entregue algunha parte impresa. Avaliación global O alumnado ten un prazo de un més dende o comezo da materia para informar se queres optar por ista opción. A avaliación realízase sobre unha
seria de probas que engloban tanto a parte teórica como a práctica. A ponderación
de estas probas distribúese da seguinte maneira: - 50%:
Exame teórico - 50%: Traballo
fotográfico individual. Representación fotográfica de unha colección. E-commerce,
lookbook, campaña e editorial. Os traballos deberán entregarse
dentro do período de exames publicados na web da facultade: https://deseno.uvigo.gal/wp-content/uploads/2024/07/Avaliacions_mestrado_moda_24_25.pdf O prazo de presentación dos
traballos para a segunda oportunidade están publicados no calendario da
facultade: https://deseno.uvigo.gal/wp-content/uploads/2024/07/Avaliacions_mestrado_moda_24_25.pdf Os traballos
entregaranse a través da plataforma Moovi, podendo requirirse nalgunha ocasión
que se entregue algunha parte impresa. |